miércoles, 23 de noviembre de 2016
Os turistas españois critican a falta de hospitalidade doutros países mediterráneos
Que cres que pode acontecer cos turistas que rematan insatifeitos unha viaxe?
Esta cuestión por ter un carácter xeral é bastante ambigua xa que cada turista ten unha opinión persoal e unha experiencia propia, mais tendo en conta unha visión obxectiva, o turista non volvería a ese destino ou senón, procuraría voltar noutra estación do ano, a outros hospedaxes, etc...
Por que os turistas españois consideran mellor a calidade hoteleira do noso Estado que a doutros coma Italia, Francia ou Grecia?
Principalmente polo 'factor limpeza', que segundo as experiencias dos turistas é moito mellor aquí que nos outros estados citados na pregunta.
Que características deben cumprir o persoal e o aloxamento para que resulten "hospitalarios"? Razoa a túa resposta.
O persoal terá de ser amábel, efectivo e discreto, e o aloxamento terá que estar limpo e con todas as comodidades posíbeis, todo isto para poder gozar dunha experiencia agradábel e gratificante.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)